Cine & Investigación

Serie documental de composición modular con pezas de entre 20-25 minutos cada unha que, entre todas, desenvolven a narrativa histórica das cidades e reconéctaas coa evolución das necesidades sociais que se foron creando co paso do tempo.

As pezas desenvólvense dende unha escaleta inicial con metodoloxía conversacional para a súa posterior guionización. Todas levan en paralelo un soporte en Internet que permite liberar o acceso aos materiais. En paralelo vaise construindo o relato visual con imaxes do resente, de forma que permita enlazar o pasado cara o futuro que se está a construir. A edición desenvólvese con narrativa cinematográfica.

A mirada narrativa

Dicía Orson Welles que “se queres un final feliz, depende de onde acabe a historia”. Con todo, cando tratas de guionizar a realidade a través da historia das persoas, a mirada narrativa necesita deterse nalgunhas ambigüidades e preguntas sobre como se constrúe a normalidade, como encaixa o día a día no progreso ou de onde sae a innovación.

Cando falamos de cidades non hai un único protagonista senón diferentes niveis que interactúan, mesmo sen intención ou coñecemento previo, porque o auténtico protagonismo corresponde aos elos.

Non hai unha orde que permita definir a relación causa/efecto, hai que empezar en algún punto do relato e deixar que se desenvolvan os diferentes fíos dos verdadeiros actores de/na vida pública: Persoas que son actores que son personaxes que son persoas

Ficha técnica

Xénero: Documental

Idioma: Español / Gallego

Produce: I.G. documentación, S.L.

Guión: Isabel Iglesias e Iago González

Dirección: Iago González e Isabel Iglesias

Investigación, documentación e producción: Isabel Iglesias

Fotografía e edición: Iago González

Nacionalidade: Española

Estado: En desenvolvemento

Poñendo caras ó equipo

Isabel Iglesias: Guionista, directora e productora

Socia-directora en I.G. Documentación e productora de Máscaras. Consultora especializada en análisis estratéxico e dinamización da información para a construcción de novas realidades. Reflexiona conceptos e palabras desde enPalabras. 

Iago González: Director, guionista e editor

Director de Máscaras e responsable de enimaXes, área audiovisual de I.G. Documentación. Especialista en contar as realidades que son e as que poden ser, vai atando cabos desde o seu blog personal.

Manel Muntada

Experto en xestión do coñecemento, desenvolvemento organizativo e xestión do cambio. Consultor e formador. Actualmente desenvolve a súa labor de consultor como director da marca profesional [cumClavis].

Carlos Prieto

Experto en E–commerce e desenvolvemento de negocio. Deseñador vinculado ás novas tecnoloxías e Internet. Fundador da empresa The Fish con sede en New York.

Carla Vidal

Licenciada en Ciencias da Información, leva máis de vinte anos vinculada ao mundo da comunicación empresarial, sendo a primeira muller en dirixir un xornal en Galicia especializado en empresa e finanzas. Actualmente dirixe o seu propio proxecto ComunicActiva