O factor industrial

Peirao de Calvo Sotelo, 21-10-57Internet abriu a veda aos novos modelos de negocio e as empresas industriais fóronse reconvertendo. A “era do coñecemento” diciamos, pero non era tan sinxelo e a crise que atravesamos veu a demostralo. O factor industrial, tan deostado durante as épocas de bonanza, volve colocarse en primeira liña.
O contexto fíxose máis complexo xa que aínda que a tecnoloxía permitiu modernizar os procesos industriais e mellorar a produtividade das empresas, as novas canles de información e o maior poder aos consumidores impuxeron un novo punto de inflexión cambiado a percepción de produto cara á de servizo.
Pero… seica os coches, as mesas, os pratos, a roupa ou os mesmos aparellos cos que nos interconectamos están feitos só de bits?
Nos últimos 50 anos as cousas cambiaron moito pero a percepción do territorio parece estar a volver ás súas orixes.

 

Por máis que se queira manter a relevancia dos estados nacionais, pasado e presente demostran o contrario. Xa Sidney Pollard insistiu en que a Revolución Industrial había de ser analizada como un fenómeno esencialmente rexional pero isto agudizouse cos efectos da globalización, que contribuíu a minimizar o rol que durante un tempo delegouse nos estados nacionais.Na actualidade fálase da necesidade de desenvolvemento de redes transnacionales entre rexións e cidades pero non é senón o reflexo do que a perspectiva histórica pon de manifesto: que “as cidades son formacións políticas que habitualmente teñen maior permanencia no tempo que outras construcións máis amplas”.
embarque-1961
Con todo, aínda que moitas respostas están en “a cidade como ámbito de análise”, a comprensión das diferenzas, cualitativas e cuantitativas, no seu desenvolvemento socio económico obedece a unha complexa combinación de razóns, endóxenas e exógenas, que definen a súa especificade. E que é imprescindible coñecer, e comprender, para ser conscientes das decisións que seguimos tomando e definirán o futuro.
O concepto de pasado se volatiliza porque un dos efectos perversos do inmediato e a híper conexión é a velocidade á que xeramos esquecemento. Despois, a Historia cóntanos o pasado en trazos políticos e institucionais, en estatísticas e enfoques sociolóxicos, en interpretacións e argumentos. Pero para entender-nos, é necesario recuperar “A historia das persoas”
As persoas constrúen as culturas e as culturas determinan, á súa vez, como son as persoas. (…) Enterrado en capas e capas de cultura tradicionalmente individualizadora, o impulso colaborativo pode permanecer paralizado… (Manel Muntada)

***

En 1964…
A percepción ciudadá
Sobre o proxecto
Ficha técnica