O factor industrial
Internet abriu a veda aos novos modelos de negocio e as empresas industriais fóronse reconvertendo. A “era do coñecemento” diciamos, pero non era tan sinxelo e a crise que atravesamos veu a demostralo. O factor industrial, tan deostado durante as épocas de bonanza, volve colocarse en primeira liña.
O contexto fíxose máis complexo xa que aínda que a tecnoloxía permitiu modernizar os procesos industriais e mellorar a produtividade das empresas, as novas canles de información e o maior poder aos consumidores impuxeron un novo punto de inflexión cambiado a percepción de produto cara á de servizo.
Pero… seica os coches, as mesas, os pratos, a roupa ou os mesmos aparellos cos que nos interconectamos están feitos só de bits?
Nos últimos 50 anos as cousas cambiaron moito pero a percepción do territorio parece estar a volver ás súas orixes.
Por máis que se queira manter a relevancia dos estados nacionais, pasado e presente demostran o contrario. Xa Sidney Pollard insistiu en que a Revolución Industrial había de ser analizada como un fenómeno esencialmente rexional pero isto agudizouse cos efectos da globalización, que contribuíu a minimizar o rol que durante un tempo delegouse nos estados nacionais.Na actualidade fálase da necesidade de desenvolvemento de redes transnacionales entre rexións e cidades pero non é senón o reflexo do que a perspectiva histórica pon de manifesto: que “as cidades son formacións políticas que habitualmente teñen maior permanencia no tempo que outras construcións máis amplas”.
Con todo, aínda que moitas respostas están en “a cidade como ámbito de análise”, a comprensión das diferenzas, cualitativas e cuantitativas, no seu desenvolvemento socio económico obedece a unha complexa combinación de razóns, endóxenas e exógenas, que definen a súa especificade. E que é imprescindible coñecer, e comprender, para ser conscientes das decisións que seguimos tomando e definirán o futuro.
O concepto de pasado se volatiliza porque un dos efectos perversos do inmediato e a híper conexión é a velocidade á que xeramos esquecemento. Despois, a Historia cóntanos o pasado en trazos políticos e institucionais, en estatísticas e enfoques sociolóxicos, en interpretacións e argumentos. Pero para entender-nos, é necesario recuperar “A historia das persoas”
As persoas constrúen as culturas e as culturas determinan, á súa vez, como son as persoas. (…) Enterrado en capas e capas de cultura tradicionalmente individualizadora, o impulso colaborativo pode permanecer paralizado… (Manel Muntada)