No 1964...

«Ocurrió el 22 de enero de 1964, a primera hora de la mañana, cuando el petrolero Valmaseda atracaba en el pantalán de San Diego, todavía en obras, y comenzaba la primera descarga de crudos para la refinería coruñesa»

Entrando nas "grandes cuestións"

Lentamente, tras décadas de illamento e atraso, España empezaba a dar pasos e Galicia íase situando no mapa das grandes cuestións de estado por ser “bendicida” coa refinería de Petroliber.

Da alcaldía de Sergio Peñamaría de Chairo, entre 1959 e 1963, xorden varios elementos que marcarán o devir empresarial e emocional da Coruña, como a Refinería, a fábrica de CocaCola, o reloxo floral ou a fonte de Catro Camiños.

E un lema: “cidade onde ninguén é forasteiro”.

A partir dese momento arrinca un proceso de modernización, de adecuación a un mundo con respecto ao cal España levaba o paso cambiado.

Desde a actualización do factor industrial aos pequenos avances domésticos, que revolucionarían progresivamente tanto a economía como a propia maneira de vivir as cidades, o país inicia un proceso de crecemento que se disparará cos cambios mundiais a partir dos 80: novas tecnoloxías, novas fórmulas de vida, e o progresivo esquecemento daquelas persoas que durante décadas cumpriran funcións que cada día parecían pertencer máis a “outros tempos”.

E así ata 2007, cando a crise mundial impón a pausa que «permite» volver a vista atrás, cara ao esforzo pasado que trazou camiños de futuro.

Pero, quen o recorda? Quen nolo conta?

De Mudanza é un proxecto con duás partes:

A largometraje de non ficción será a reflexión.

O fondo documental, incluíndo as entrevistas, será a memoria.

Nun momento de cambios mundiais, a mirada ao cotián, ao local, contén non poucas claves para entender como se pode, e debe, afrontar o futuro: os camiños por percorrer e a maneira de aprendelos.

Recuperar os acertos e aprender dos erros. Un pasado que construíu este presente, que á súa vez construirá un futuro.

As voces dos protagonistas, aínda presentes, son o elemento fundamental para que esta Historia non se perda. A cidade e as súas infraestruturas é a pel do que contamos.

Pasaron 50 anos e fixamos a mirada cara ao que existirá dentro doutras cinco décadas, en 2064

Saibámolo ou non, estamos a construír a memoria do futuro.

E en 2014, cinco décadas despois…

A punto de cumplirse 50 anos de a entrada en funcionamento da Refinería Petroliber, que en 1987 pasaría a ser Repsol, o desenvolvemento do actual Plan de Traslado marcará un importante fito nesta historia conxunta empresa-cidade. Esta nova etapa, non exenta de complexidades e retos, terá unha especial relevancia sobre o que durante décadas outorgoulle maior visibilidade á presenza do cru na área urbana: as descargas. Con todo, todo é moito máis complexo.